Bio

Luis Cepeda Fernández, (Ourense, 26 de Agosto de 1989), tamén coñecido polo seu nome artístico, Cepeda, é un músico, cantante e compositor español, que se deu a coñecer ao gran público a través dos talent-shows “La Voz” (2015, TeleCinco) e “Operación Triunfo 2017” (2017-18, La 1).
A pesar de contar cun Grao en Enxeñería en Deseño Industrial, Cepeda sempre amosou que a súa verdadeira paixón era a música, compaxinando a mesma co seu traballo coma captador en diversas ONG.
Musicalmente, as súas influencias e gustos decántanse polo punk-rock americano, sendo o su cantante favorito John Vesely, cantante e vocalista do proxecto Secondhand Serenade. As súas influencias musicais en español son, entre outros, cantantes e compositores coma Antonio Orozco, India Martínez ou Pablo Alborán.
Con esta mezcla de estilos, declarou en diversas ocasións que, cando compón un tema, no pensa de forma concreta nun referente musical se nos que se deixa levar polo que quere contar. A pesar desto, considera que os seus temas céntranse en pop en español, ainda que a medida que avanza a súa carreira vaise achegando ao pop-rock ou punk do que é seguidor.
Inicios: La Voz 2015

Cepeda comezou a súa andaina no mundo da música gravando e subindo as súas propias covers de temas doutros artistas consagrados á súa canle de YouTube. Un destos temas fíxose viral na rede, o que o animou a presentarse, no ano 2015, ao talent-show “La Voz”. Era a primeira vez que se presentaba a un casting.
Xa en “La Voz”, nas audicións a cegas do programa, interpretou o tema “Wherever you will go” do grupo The Calling e coa súa actuación logrou que tres dos coaches do programa se xirasen. Malú, Antonio Orozco e Laura Pausini apostaron por el e incluso, esta última, para intentar gañalo para o seu equipo, ofreceulle irse de xira con ela. Finalmente, decidiu ir con Malú. Na fase das Batallas, enfrentándose a un dos seus compañeiros de equipo, interpretou “Wake me up” de Avicii, pero finalmente Malú no o escolleu para continuar no talent.
Do seu paso polo programa quedou con varias cousas: a súa amizade coos concursantes da súa edición (incluido o gañador, Antonio José) e achegarse ao que se convertiría nun dos seus referente no futuro, Antonio Orozco.
Continuando na música
A pesar da súa corta experiencia de cara ao público xeral, no se rendiu y seguiu utilizando as súas redes sociais para publicar covers doutros artistas, combinando diversos estilos musicais coma son o flamenco, o pop o o soul. Ademais, aproveitou a súa canle para publicar un tema propio, “Mi musa“.
O salto: Operación Triunfo 2017

Ata o ano 2017, continuo compaxinando os seus estudios, o seu traballo coma captador e coordinador en ONGs e o mundo da música ata que decidiu presentarse ao casting de Operación Triunfo. Como curiosidade, cando se presentou ao casting, descoñecía todos os detalles do formato do programa xa que no seguira todas as edicións anteriores (medrou sen televisor na casa); o que a el lle interesaba era a formación e poder aproveitar esta oportunidade para adicarse plenamente á música. Tras superar a 10.000 aspirantes, Cepeda convereuse nun dos 18 finalistas e dos 16 concursantes oficiais do programa-concurso de TVE “Operación Triunfo 2017“, quedando noveno no mesmo tras permanecer no concurso máis de dous meses. O cierto é que, despois do seu paso polo programa, converteuse nun dos rostros máis recoñecibles da súa edición.
Despois de OT
Neste momento é onde comenza a súa historia coma profesional no mundo da música, que podedes ver resumida nas seccións desta web, sobre todo na sección de Música.
Se queres leer en profundidade una completa reseña biográfica, consulta a súa ficha na axencia de booking & management Clipper’s Live (en castelán).
Premios, certificacións e recoñecementos
- Premio Dial 2019 [Gañador]
- Disco de ouro e disco de platino por “Esta Vez”
- Disco de ouro e disco de platino por “Principios” (ventas combinadas pola súa reedición)
- Solista Masculino con Mellor Proxección nos Premios Favoritos 2019, Sevilla Magazine [Gañador]
- Ticket of the Year 2019 by Ticketmaster España: mellor espectáculo nacional 2019 e artista nacional máis esperado de 2020 [Gañador]
- Artista Odeón Revelación 2020 [Nominado]
- Disco de ouro por “Gentleman”
- Artista Odeón Revelación Pop 2021 [Nominado]
- Premio Dial 2021 [Gañador]