Con los pies en el suelo (Cos pés no chan, 2020)

Con Los Pies En El suelo“, en galego “Cos pés no chan”, e que podemos abreviar polo acrónimo CLPEES, é o título do segundo álbum de Cepeda, terceiro de estudo, que se lanzou ao mercado o 9 de outubro de 2020.

Trátase do seu segundo traballo discográfico despois de “Principios” e a súa reedición, “Nuestros Principios”. Si, considérase oficialmente segundo álbum xa que, por temática e son, o primeiro álbum e a súa reedición poden considerarse un único (e longo) traballo.

O álbum, en curto

  • Conten 12 temas de estudo; ademais, na canle de YouTube de Cepeda e plataformas Apple, están dispoñibles dous acústicos (“Gentleman” e “Con los pies en el suelo”) en versión video en directo.
  • O primeiro single de adianto foi o tema “Gentleman” (13 de marzo de 2010); o segundo single de adianto foi o tema “Si Tú Existieras” (24 de xullo de 2020); o terceiro single e tema de presentación do álbum foi “Con Los Pies En El Suelo” (9 de outubro de 2020). A isto engádeselle o tema “Da media vuelta“, un single “extra” que saiu o 2 de outubro de 2020 coincidindo coa activación da reserva dixital.
  • Inclúe dúas colaboracións: o tema “2007”, xunto a David Otero, e “Salí a buscarte”, con Diego Cantero – Funambulista
  • Hai tres produtores involucrados: Tato Latorre, para o tema “Salí a buscarte” con Funambulista; John Caballés, cos temas “Sirenas” e “Si Tú Existieras”; e David Santisteban, que produce gran parte do disco (os 9 temas restantes). Os tres produtores aparecen coma co-compositores dos temas
  • Atopamos unha variedade máis ampla de temáticas, reflectindo temas sociais coma o bullying ou o maltrato; ainda que hai temas que falan de amor e desamor, faise dun xeito diferente ao anterior disco, cun punto más irónico e canalla
  • Hai un cambio no son e musicalidade con respecto ao primeiro álbum, recuperando un son máis pop-rock dos 2000 ou atrevéndose, incluso, con “experimentos” musicais, pero sen esquecer as baladas cun xiro menos melódico e máis acústico.
  • Ainda que o título do disco coincide co dun dos temas, teñen distintos significados (ou, máis ben, o disco ten dobre significado): na canción, “adicada” aos haters do cantante, preténdese amosar que sendo el mesmo pode triunfar de todos modos, é decir, seguir facendo a súa música; o título do disco refírese á súa propia personalidade e estado mental, o non cambiar os seus valores e principios ao longo dos últimos años, seendo a mesma persoa de sempre. Por tanto volvemos a un título polisémico, coma en “Principios”.

Listado de cancións

#TítuloCompositoresDuración
1Con los pies en el sueloLuis Cepeda, David Santisteban2:50
2GentlemanLuis Cepeda, David Santisteban3:42
3PegaditaLuis Cepeda, David Santisteban, Daniel Oriza3:29
4Desayuno con diamantesLuis Cepeda, David Santisteban2:46
52007 (con David Otero)Luis Cepeda, David Otero, David Santisteban, Bob Benozzo3:31
6Da media vueltaLuis Cepeda, David Santisteban, Daniel Oriza3:27
7SirenasLuis Cepeda, John Caballés3:16
8La novia de RubénLuis Cepeda, David Santisteban, Alfonso Samos 3:32
9AntípodaLuis Cepeda, David Santisteban, Kai Etxaniz4:07
10Si tú existierasLuis Cepeda, Iván Herzog, John Caballés, Nil Moliner3:57
11Salí a buscarte (con Funambulista)Luis Cepeda, Diego Cantero, José Luis Latorre3:48
12Acordes menoresLuis Cepeda, David Santisteban, David Villar3:13

¿Que nos contan as cancións?

A continuación deixámosvos as descripcións de cada tema que Cepeda publicou meses antes do lanzamento na súa conta oficial de Twitter; deixámosvos os enlaces aos tuits orixinais de Cepeda, así coma a palabra (ou expresión) que, segundo el mesmo, evoca cada tema.

  1. Con Los Pies en El Suelo: Un temazo cañeiro dos bos, dos de sempre. De dicir “aquí estou eu contra vento e marea e ninguén me vai tumbar”. Un tema para saltar, disfrutar e non pensar en nada máis que nos mesmos. Festa.
  2. Gentleman: Non fai falla explicación. Hipocrisía.
  3. Pegadita: A novedade musical. Métome en algo medio urbán cunha letra sexy que vos fará pensar en cousas sexys. O que pensedes é cousa vosa. Sexo.
  4. Desayuno con diamantes: Posiblemente a canción máis “marchosa” do disco. Falo sobre o maltrato dende un punto de vista esperanzador. É un “sal de aí, tnos axudámoste no que podamos” musicalizado. Maltrato.
  5. Da media vuelta: Un dos meus temas prefes. Fala sobre bullying centrado nunha persoa á que animo a saír de aí. Un tema que crece dende a estrofa “baladeira” a un coro rompedor. Bullying.
  6. 2007 (ft. David Otero): Posiblemente a canción máis bonita do disco ou polo menos para min. Xunto a David Otero facemos unha viaxe musical ao pasado para crear unha canción que vos lembrará a aqueles tempos. Tanto a letra coma a música. David.
  7. Sirenas: Cañeira pero non tanto. Fala de mentiras e verdades en nunha relación. De como esas mentiras fan que se rompa e que aparezan as sereas… cantando e agardando que esquezas a esa persoa. Amor.
  8. La novia de Rubén: A canción máis canalla do disco. Só digo iso. Cornudo.
  9. Antípoda: Un dos baladóns do disco nos que predomina máis a guitarra que o piano. Un amor que é tan difícil coma saír del. Amor frustrado.
  10. Si tú existieras: Canción que va de menos a máis. Algún día contarei coma gravamos os coros 😂. Para o meu gusto, a miña canción preferida do disco. Ao cantala noto algo que nunca notara. Pola melodía ou pola letra, non o sei. Fala sobre alguén que ainda non coñecín. Esperanza.
  11. Salí a buscarte (ft. Funambulista): Co meu querido Funambulista un temaso co garra funambulera que fala sobre esa persona que vai e ven e que ao final decides que sí. Funambulista.
  12. Acordes menores: O baladón do disco. A canción que chora soa. Bágoas.

Escoita as cancións

Saída

O álbum está dispoñible dende o 9 de outubro de 2020. A data inicial de saída era xuño de 2020 pero sufriu varios atrasos por culpa da crise sanitaria do COVID-19.

Cepeda publicou deste modo en pouco máis de 2 anos naturais, 3 álbumes de estudo: Principios (29 de xuño de 2018), a súa reedición Nuestros Principios (14 de xuño de 2019) e Con Los Pies En El Suelo (9 de outubro de 2020), divididos en dous traballos discográficos.

Pódese desfrutar do álbum nos tres formatos habituais:

  • Formato dixital: dende o 9 de outubro de 2020 ás 00:00h en plataformas de compra ou streaming; coma curiosidade, a versión compra/streaming en plataformas Apple inclúe, por defecto, dous temas en video, as versións acústicas de “Gentleman” e “Con los pies en el suelo”
  • Formato CD: dende o 9 de outubro de 2020 en tendas físicas; dispoñible en formato estándar ou unha edición limitada firmada (esgotada)
  • Formato vinilo: dispoñible o 30 de outubro de 2020, en tendas física; incluía edición limitada firmada

Datos e curiosidades

  • Cepeda deu por rematado o seu trabajo no disco o 6 de maio de 2020
  • No proceso inicial, Cepeda planteouse incluir algún tema escrito en inglés pero, co paso do tempo, non chegou a facelo. Non descarta a idea e é algo pendente para o terceiro álbum de estudo
  • Con los pies en el suelo” é unha canción de empoderamento persoal, reforzando a mensaxe de que ante as críticas e adversidades o mellor é seguir facendo o que che fai feliz.
  • A canción sobre o maltrato, “Desayuno con diamantes“, inclue unha musicalidade distinta á habitual en Cepeda, con outro ritmo e incluindo outros instrumentos, coma un banjo. Temáticamente enfronta o tema coma unha mensaxe de esperanza cara quen sobre unha situación de maltrato. Foi o tema más difícil de compoñer, dado o tema a tratar, no que Cepeda debe falar de algo que no viviu en primeira persoa.
  • Musicalmente, “Acordes Menores” é unha balada a piano e cordas meentras que “Antípoda” é unha balada a guitarra
  • Pegadita” é un tema cun novo ritmo, máis próximo ao urbán pero sen selo. É unha canción a contratempo cunha mestura de recursos de varios estilos. Cepeda defínea coma a canción “ovo” xa que ainda está por nacer alguna versión “final“. É quizais o tema que máis destaca polo seu cambio de rexistro.
  • Varios temas presentáronse en directo antes do lanzamento do álbum: “Acordes Menores“, estreado o 15 de agosto de 2020 en La Santa Market (Girona), e “2007“, estreado no concerto de David Otero en Oviedo o 22 de setembro de 2020
  • 2007” e “Acordes Menores” estreáronse en exclusiva en versión estudo no programa de Dial Tal Cual (Cadena Dial) emitido o 3 de outubro de 2020.
  • Non se quedou ningunha canción fora xa que todos os temas que Cepeda acabou de compoñer, están incluidos. Se se quedaron temas “a medias” pero simplemente porque no proceso compositivo de Cepeda, se un tema no lle convence, abandónao. Do mesmo modo, hai ideas sobre temas do propio disco ou posibles composicións para o novo álbum.

Recepción comercial

En España, o álbum situouse no primeiro posto das listas de vendas dixitales dende a súa saída e durante toda a semana de lanzamento.

Ademais, o día de lanzamento ou os días posteriores, o álbum alcanzou o número 1 na plataforma iTunes de 9 países: Arxentina, Chile, Costa Rica, Ecuador, España, México, Panamá, Perú e República Dominicana; do mesmo modo situouse no número 2 en Bolivia, Colombia e Portugal.

Ademais de todo isto, en Apple Music España, foi o álbum máis escoitado durante toda a semana de lanzamento. Coma curiosidade, os videos acústicos dispoñibles en plataformas Apple foron o máis visto en toda a semana.

Por todo isto, non resultou unha sorpresa que nas listas de vendas oficiais en España da semana 42 de 2020 (9 a 15 de outubro de 2020), confeccionadas por PROMUSICAE e AGEDI, o álbum entrase directamente ao número 1, combinando venta física, dixital e streaming. Ainda que se descoñece a cifra de venda, coñécese que en pre-reserva física firmada, vendéronse máis de 3.000 copias.

Videoclips

Especiais (acústicos)

Xira “Con Los Pies En el Suelo”

Debido á situación sanitaria, en verán de 2020 e a falta de novo disco, Cepeda embarcouse nunha xira acústica, a xira Cepeda Unplugged, da que tes información nesta web

O propio Cepeda recoñeceu en moitas ocasións que este novo disco naceu tendo en mente a xira posterior de concertos e desfrutar dos mesmos en directo.

Podes consultar todo sobre a Xira “Con Los Pies En El Suelo” na súa sección da web.