Nuestros Principios (Os nosos principios, 2019)
Nesta páxina podes atopar información sobre “Nuestros Principios” (Os nosos principios).

![]() |
![]() |
![]() |
“Nuestros Principios“, traducido en galego coma “Os nosos principios”, é o título da reedición do primeiro álbum de Luis Cepeda, “Principios”. Trátase dun dobre CD que saliu ao mercado o 14 de xuño de 2019, no que se inclúe:
- Un CD cos temas orixinais de “Principios”
- Un segundo CD con 9 temas inéditos, que conforman as novidades desta reedición
A descripción oficial do álbum é a seguinte:
Xusto un ano despois da saída de “Principios”, Cepeda publica unha excepcional re-edición do seu primeiro álbum que adquire agora o nome de “Nuestros Principios”. Excepcional porque trae a chamativa cifra de 9 temas novos, unha gran entrega de material novo para os fans. Cepeda podería facer un disco novo, pero preferiu aglutinar o vasto repertorio que xa atesora na súa corta carreira, para que os seus fans o disfruten dúnha soa vez.
Cepeda demostrounos neste ano que se pode publicar un álbum r mantelo 5 semanas no #1 da lista de vendas do noso país, conseguir o certificado de Disco de Ouro e un Disco de Platino co seu primeiro single ‘Esta Vez’, e colgar o cartel de sold-out nunha decena dos conceertos da súa primeira xira ‘Principios’, todo isto nun moi curto período de tempo.
Ademais da versión en CD, en formato físico o disco tamén está dispoñible en edición vinilo, saíndo ao mercado unha semana máis tarde, o 21 de xuño de 2019. Esta edición inclúe:
- Un vinilo coos 9 temas compostos para a reedición
- O disco en formato CD orixinal de “Principios”
Listado de cancións
EO listado de cancións completo deuno a coñecer o propio Cepeda o 19 de maio a través das súas redes sociais. Deste modo amosou que finalmente “Nuestros Principios” contería 9 temas novos, dos cales dous serían colaboración, con Antonio José e India Martínez.

Do mesmo modo, entre os novos temas, xa coñecíamos previamente alomenos tres na súa versión acústica: Vuela, Cuando No Estés e Tú Desnuda. Ademais, o single de lanzamento deste novo traballo discográfico foi “Mi Reino“, primeira canción do novo CD.
Deste modo, o listado de cancións inéditas, o seu orde dentro do álbum, título, compositores e duración é a seguinte
Pista | Título | Compositor(es) | Duración |
#1 | Mi Reino | David Santisteban, Luis Cepeda | 3:02 |
#2 | Fuimos Vida | Daniel Oriza Crespo, David Santisteban, Luis Cepeda | 3:47 |
#3 | La Canción Al Revés (con Antonio José) | Antonio José Sánchez Mazuecos, David Santisteban, Luis Cepeda | 3:37 |
#4 | Te quiero Disparar | John Caballés, Luis Cepeda | 3:29 |
#5 | Vuela | Andrés Terrón Fontecoba, John Caballés, Luis Cepeda | 4:13 |
#6 | Más Que Nada (con India Martínez) | David Santisteban, India Martínez, Luis Cepeda | 3:51 |
#7 | Cuando No Estés | Ivan Herzog, John Caballés, Luis Cepeda | 3:17 |
#8 | Seis | Bob Benozzo, David Santisteban, Luis Cepeda | 3:04 |
#9 | Tú Desnuda | David Santisteban, Kai Etxaniz, Luis Cepeda | 3:01 |
Todos estos temas están, como mínimo, compostos por Cepeda; a produción nesta ocasión repártese, segundo o tema, entre David Santisteban (pistas #1, #2, #3, #6, #8, #9) e John Caballés (pistas #4, #5, #7).
Adiantos
O 13 de maio, Cepeda adiantaba a todos os seus seguidores un dos temas incluidos en “Nuestros Principios“, “Tú Desnuda“. Facíao nunha versión acústica acompañado de Diego Cartón á guitarra.
Esta no era a primeira vez que adiantaba un tema en versión acústica xa que, durante meses, interpretou nos seus concertos dous dos temas que finalmente están presentes en “Nuestros Principios“: Vuela e Cuando No Estés.
Ademais, tan só unha semana antes da saída do disco, Cepeda sorprendía a todos os fans cun video especial coa versión final do tema “Fuimos Vida“. Este video saliu coma un “agasallo” cara todos os seus seguidores e durante esa semana só foi posible escoitalo en YouTube, ata a saída ao mercado do propio disco.
Avanzado no tempo, houbo un segundo single oficial de “Nuestros Principios”, que non podía ser outro que o tema “Vuela”. Cun coidado videoclip onde se conta unha historia de ciencia ficción, metémonos de cheo na historia da canción.
Co seu segundo álbum xa anunciado, “Con Los Pies En El Suelo” (Cos pés no chan), ainda nos quedaba unha última sorpresa da reedición: a versión acústica do tema “Más que Nada”, junto a India Martínez, gravada en pleno confinamento pola crise sanitaria do COVID-19.