Principios (2018)
Compra ou escoita “Principios”

O 29 de xuño de 2018 saliu á venda “Principios“, o álbum debut de Luis Cepeda. E, por suposto, ninguén mellor ca el mesmo para presentar este traballo.
Grazas aos principios que me inclucaron os meus pais, Encarna e Luis.
Grazas aos principios coma comenzo. A Manuel Martos e a todo o equipo de Universal Music e GTS por confiar en min dende o primeiro momento, así coma todo o equipo de Clippers. A TVE, Gestmusic e ao programa de Operación Triunfo por empurrarme á piscina.
Grazas aos meus 15 compañeiros pero a unha en especial porque sempre estará, sempre estivo y estaría. Grazas a David Santisteban polo mimo co que coidou o noso traballo.
E sobre todo, grazas a ti.
Esta é a tradución do texto que o 3 de xuño de 2018 Cepeda colgaba na súa conta de Instagram, acompañado da portada oficial do disco. Este texto corresponde, ademais, cos agradecementos que conten o libreto que acompaña ao disco físico.
Coma curiosidade relacionada con este disco, Cepeda leva tatuadas nos seus brazos, xusto por riba dos cóbados, as palabras que definen “Principios” en inglés: “Beginnings” (comezos) e “Values” (valores).
O disco conta cunha edición especial en formato vinilo, en cor vermella, que saliu á venda o 8 de novembro de 2018.
Precisamente en novembro de 2018, o propio Cepeda comentou que estaba a traballar en novos temas para unha posible reedición do disco, que se esperaba para o primeiro semestre de 2019 e que incluiu temas inéditos e colaboraciones: “Nuestros Principios”.


Algúns datos sobre “Principios”
Casi dende a súa saída da Academia de Operación Triunfo, Cepeda traballou no que supuxo o seu primeiro proxecto discográfico da man de Universal Music Spain.
Algúns datos sobre o disco son:
- A producción corresponde a David Santisteban, con quen co-escribiu 6 dos 10 temas do disco; coma curiosidade, cada un dos temas compostos xunto a Santisteban, compuxéronse nunha única xornada (entendendo o proceso coma composición e gravación de maqueta)
- Hai unha colaboración, a nivel composición, co cantante e compositor galego Andrés Suárez, “El Silencio Dijo Sí”
- É un disco centrado no pop melódico e baladas en español; se ben Cepeda confirmou que traballaba nun tema en inglés sobre o bullying, non está incluido neste disco xa que preferían centrarse en pop en español para manter unha coherencia temática
- Son canciónes basadas na súa vida experiencias e sentimentos polo que gran parte dos temas están en primeira persoa; hai excepcións coma é o caso de “723”, tema que fala sobre os refuxiados que, por motivos evidentes, está narrada en terceira persoa
- Dous dos temas son composicións de Cepeda previas á súa participación en Operación Triunfo: “Mi Musa” e “Pídeme la vida”
Tracklist “Principios”
# | Título | Compositores | Duración |
---|---|---|---|
1 | Si Me Dices | Luis Cepeda, David Santisteban, Dani Ruiz | 3:30 |
2 | Esta Vez | Luis Cepeda, Riki Rivera, David Santisteban | 3:44 |
3 | Por Ti Estaré | Luis Cepeda, David Santisteban, Daniel Oriza Crespo | 3:29 |
4 | Me Da Igual | Luis Cepeda, David Santisteban | 3:02 |
5 | Mi Musa | Luis Cepeda | 3:22 |
6 | El Silencio Dijo Sí | Luis Cepeda, Andrés Suárez | 2:49 |
7 | 723 | Luis Cepeda, David Santisteban, Daniel Oriza Crespo | 3:30 |
8 | Llegas Tú | Luis Cepeda | 3:15 |
9 | Imperfecto | Luis Cepeda, David Santisteban, Daniel Oriza Crespo | 3:57 |
10 | Pídeme la Vida | Luis Cepeda | 2:38 |
O álbum consta de 10 cancións, cunha duración de pouco máis de 33 minutos.
Ecúchalo
Recepción comercial
A estrea do álbum tivo unha boa acollida a nivel comercial, tanto a nivel de venta dixital coma física. Cabe destacar que, a nivel dixital, na tendas de iTunes, conseguiu alcanzar o número 1 nun total de 6 territorios, establecendo unha marca similar á do single, Esta Vez.

Tal e coma se puede ver no reporte da web especializada Whale Report (web non dispoñible), o disco entrou nun total de 16 listas de vendas, alcanzando o número 1 en 6: España, Arxentina, Colombia, Ecuador, Perú e República Dominicana.
En compra física, a edición limitada firmada do disco esgotouse en todos os establecementos online nos que se puxo á venda. Ademais, na súa saída, houbo problemas de stock tanto en tendas online coma físicas, chegando a crearse listas de espera para a compra. Só se ten un dato parcial de vendas físicas xa que nunha reportaxe televisiva comentouse que se realizaron 2.000 reservas do disco físico en 24h e, no momento da reportaxe, levaba máis de 3.000 reservas. Ao longo da semana, foi o disco máis vendido de diversas teendas online e físicas.
En canto a vendas online, o álbum mantívose na primera posición durante toda a semana do 29 de xuño ao 5 de xullo en todas as plataformas dixitales.
En listas de vendas oficiais de España, emitidas por Promusicae, mantívose durante 5 semanas consecutivas no nñumero 1 de vendas. O disco recibiu a certificación de Disco De Ouro na súa primeira semana á venda.
