Sempiterno (2022)

Sempiterno
Que durará sempre; que, tendo un principio, non terá fin.

Desde o 14 de outubro de 2022, temos dispoñible “Sempiterno“, o terceiro traballo de estudo de Cepeda tras “Principios” (e a súa reedición “Nuestros Principios”) e “Con los pies en el suelo”.

Cepeda regresa cun disco moi persoal en todas as composicións denúdase e cóntanos distintos momentos da vida, como puidemos comprobar nas tres cancións de adianto.

Ademais quixo contar con distintos produtores que fan que os temas sexan moito máis ricos e den toda a importancia á súa voz e a composición de cada unha das cancións, coa produción de Pablo Estrella, Andrés Terrón, David Santisteban e John Caballés.


Compra física do álbum

“Sempiterno” está dispoñible nos dous formatos máis habituais actualmente en formato físico, CD e vinilo. No caso do vinilo, existe unha edición limitada que simula, coma cor do propio disco de vinilo, o mármore. Esta edición é exclusiva da tenda oficial de Cepeda e stock limitado en outros establecementos.

Tracklist

O álbum está formado por 13 cancións.

#TítuloCompositor(es)Produtor(es)Duración
1Pastillas RosasCepeda, Diego CartónPablo Estrella, Andrés Terrón, Diego Cartón2:52
2Otro Día MásCepeda, Andrés Terrón, Apollo Vice, Pablo Estrella, Piero Visciotti, Sandro MerlucciPablo Estrella, Andrés Terrón, Apollo Vice2:56
3NenéCepeda, John CaballésJohn Caballés3:26
4Tus AvionesCepeda, John CaballésJohn Caballés3:12
5La Camisa ViejaCepeda, John CaballésJohn Caballés2:55
6Lo Que VenCepeda, John CaballésJohn Caballés3:17
7Super MarioCepeda, David SantistebanPablo Estrella, Andrés Terrón2:53
8CibelesCepeda, David SantistebanDavid Santisteban3:21
9Niña PijaCepeda, David SantistebanDavid Santisteban3:09
10SempiternoCepeda, David Santisteban, Dani OrizaDavid Santisteban3:29
11MariposasCepeda, David SantistebanDavid Santisteban3:21
12A Cualquier ParteCepeda, Andrés TerrónPablo Estrella, Andrés Terrón2:36
13LunaCepeda, Andrés Terrón, Sergio Bello Pastor (Critika)Pablo Estrella, Andrés Terrón3:03

Lanzamiento e presentación

Cando se abriu a reserva física do álbum, tamén se lanzou unha experiencia para fans: un show acústico de presentación na sala El Sol de Madrid o vernes 14 de outubro, día do lanzamento do disco. A entrada para este show acústico incluía ademais un CD firmado e un lanyard (cinta para o pescozo) exclusivo conmemorativo da ocasión.

Recepción

O álbum alcanzou na súa semana de estreo o número 2 da lista de álbumes en España, que computa de forma conxunta as vendas física e as reproduccións en plataformas de streaming. Do mesmo modo alcanzou o número 1 na lista de vinilos más vendidos, que, por razóns obvias, computa so as copias físicas vendidas do mesmo.

Escoita o álbum en plataformas

Curiosidades

A portada do disco

¿Queres saber o proceso de maquillaxe ao que se sometu Cepeda para a imaxe de portada? Pois a maquilladora María Solans facilitoucho, cun vídeo no que resume a hora de maquillaxe.

Cabe destacar que a simulación do mármore na portada é un efecto en postprodución, así como as paisaxes oníricas nas que está incluido Cepeda nas imaxes do libreto do disco. Conceptualmente a portada quere representar o significado de “sempiterno”: unha obra de arte que tivo un principio pero que, en ausencia de factores externos, durará para sempre.

A orixe do título

Esta é unha das curiosidades que máis repitiu Cepeda nas entrevistas de promoción do álbum: a orixe do seu título. Ainda que Cepeda coñecía previamente e gustáballe a palabra, lembouna ao pasar na súa cidade natal de Ourense, por diante dun bar co mesmo nome que, na súa persiana, tiña a palabra e a súa definición tal e como aparece no comezo desta páxina. Deste modo pareceulle que a palabra reflectía moi ben o espírito do que quería acadar coa súa carreira musical: que tiviese un principio, marcado polo seu disco “Principios”, pero non un fin, é dicir, poder adicarse á música toda a súa vida.

Xira de concertos

Ainda que o álbum saliu en outubro de 2022, desfrutamos do Sempiterno Tour desde abril de 2022, incluso na súa versión acústica. Pódense considerar estos concertos coma unha pre-xira de presentación xa que, a excepción dunha das citas (Murcia, 5 de novembro), en ningúno dos concertos se escoitou o álbum ao completo (e incluso en Murcia tamén faltou algún tema).

A xira oficial, xa con todos os temas e un repertorio adaptado, agárdase para o primeiro trimestre de 2023, con citas centradas en salas de concertos y coa posibilidadw de que Cepeda salte a Latinoamérica para ter algunha cita cos fans da Arxentina, México e Perú, ainda que no existe polo momento información oficial.

Algúns detalles interesantes

  • O primer single do novo álbum foi “Otro Día Más”, que se lanzou ao mercado o 14 de xaneiro de 2022.
  • O segundo single do novo álbum foi “Nené”, que se lanzou ao mercado o 1 de xullo de 2022.
  • O terceiro single do novo álbum foi “La Camisa Vieja”, que se lanzou o 3 de agosto de 2022.
  • O cuarto single foi “Pastillas Rosas”, que se lanzou ao mercado o 2 de septembro de 2022
  • Ainda que non se presentou polo moment coma tal, a canción que se destacou no álbum a partir do día de lanzamento foi “Cibeles”, que se pode considerar o quinto single do mesmo.
  • Cepeda traballou en dúas cancións en inglés; dunha das cales avanzou un (moi) breve fragmento. Ningunha das dúas entrou no corte final do disco.
  • É un disco que explora máis o pop-rock e, incluso, o punk. Cepeda quere unha mestura de estilos polo que atopamos sons próximos ao trap ou ao R&B. Así a todo considérase baladista, polo que no abandonou as baladas, ainda que sexa mesturando novos sons e xeitos de compoñer.
  • Realizou varias composicións con Andrés Terrón; tamén compuxo xunto a Diego Cartón, ademais dalgún tema para o disco, cancións para o seu catálogo.
  • Segue a confirar para acompañalo en composición e produción en nomes xa coñecidos coma David Santisteban ou John Caballés, ainda que traballou xunto a outros coma o propio Andrés Terrón ou Pablo Estrella.
  • O disco non ten colaboracións, algo tremendamente extraño no panorama musical actual. Cepeda comentou que hai varios temas nos que lle gustaría colaborar con amigos que poderían ver a luz nunha hipotética reedición.
  • O álbum terminou de gravarse o 26 de abril de 2022
  • Cepeda publicou diversos adiantos, frases e títulos nas súas redes. Nalgúns casos, trátase de temas que finalmente non entraron no propio álbum. Cepeda tamén confirmou en varias entrevistas que está explorando a súa faceta coma compositor para terceiros.

O seguinte

Cepeda comentou en diversas ocasións que, tras lanzar este álbum, tocaría “deixalo respirar” durante un tempo para comprobar a recepción e a reacción do público. Do mesmo modo, en paralelo, planifica a volta ás sesións de composición con compañeiros e amigos.

O que non está en Sempiterno…

Cepeda foi compartido trozos de composicións nas súas redes. Nalgúns casos, estos fragmentos son parte dun tema de “Sempiterno” ou integráronse parcialmente nos mesmos. Pero outros parece que se quedaron gardados…